Servizos
plus less Servizos ó Cidadán
Localización
ubicacion

 

 

 

 

line

Procedementos Abertos

LISTA ADMITIDOS/AS PARA O PROCESO DE SELECCIÓN PARA UN POSTO DE COORDINACIÓN DE VOLUNTARIOS E ATENCIÓN TURÍSTICA

 

Dna. Silvia Rodríguez Díaz, Alcaldesa-Presidenta do Concello de Portomarín.- Lugo.

 

            FAI SABER:

 

            Que a relación de admitidos/as para o proceso de selección para un posto de Coordinación de Voluntarios e Atención Turística é a seguinte:

  1. Vilariño Peiteado, Sagrario.
  2. Rivas García, Marisol.
  3. Pérez Arias, Óscar.
  4. Pérez Arias, Abel.
  5. García Fernández, José Antonio.
  6. Mille Álvarez Quiñones, Santiago.
  7. López Acevedo López, María.
  8. Fernández López, José Nicasio.

 

 

            E para que así conste asino a presente en Portomarín a 13 de xullo de 2010.

 

 

A Alcaldesa,

 

 

 

Asdo: Silvia Rodríguez Díaz.

 

 

 

BASES XERAIS POLAS QUE SE ESTABLECEN AS NORMAS PARA A SELECCIÓN DE PERSONAL CON CARÁCTER TEMPORAL (PARA DÚAS PRAZAS DE PEÓN OBRAS PÚBLICAS) POR UN PERIODO DE TRES MESES, PARA PRESTAR SERVICIOS NO CONCELLO DE PORTOMARÍN.-

 

 

Descargar estas bases en pdf

 

 

 


BASES PARA A PROVISIÓN TEMPORAL DE DUN  COODINADOR PARA A PRESTACIÓN DA OBRA OU SERVIZO DE COORDINACIÓN DE VOLUNTARIOS E ATENCIÓN TURÍSTICA.-

 

 

Descargar estas bases en pdf

 

 

1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA

            Constitúe o obxecto da convocatoria a provisión  de DUN traballador/a para a coordinación de voluntarios e atención turística.
            Formalizaráse co persoal seleccionado un contrato ata o 30 de setembro.
            Serán funcións a desempeñar polos contratados, aquelas previstas no Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Concello de Portomarín para a execución e desenvolvemento do programa voluntariado xacobeo 2010 e outras labores adecuadas a atención de turistas e peregrinos en xornada partida.

 

 

2.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES:

Para ser admitidos/as  no proceso selectivo, os/as aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ser español ou nacional dun estado membro dun Estado da Comunidade Europea, nos termos sinalados na Lei 7/2007 de 12 de abril.

b) Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e  non exceder da idade de xubilación forzosa.

c) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal desempeño das funcións que lle son propias.

d)Non estar incurso en causa de incapacidade ou incopatibilidade previstas na lexislación vixente.

e) Non estar separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións públicas nin atoparse inhabilitado para o desenvolvemento das funcións públicas. No caso de ser seleccionado/a para o posto, acreditaráse mediante declaración formal baixo xuramento ou promesa.

            Os requisitos anteriormente establecidos deberán poseerse polos/as aspirantes no momento da selección .

            A participación  neste concurso leva consigo a aceptación das bases que o regulan.
            A xornada de traballo será partidae con disponibilidade horaria.

 

 

3.- SOLICITUDES

 

            Visto que existe un Regulamento de Bolsa de Traballo do Concello de Portomarín aprobado polo Pleno da Corporación en data 05/10/09 e publicado no B.O.P núm. 275 e no Taboleiro de anuncios do Concello Procederase a notificación telefónica dos compoñentes de dita bolsa e valoraranse os criterios establecidos en dito Regulamento do que se adxunta copia do mesmo.
           
            Tamén se dará publicidade no Diario El Progreso.

            O prazo de presentación das solicitudes será de 5 días hábiles dende o día seguinte da data de publicación, sendo a data límite o lúns día 12 ás 14 h.

            A Selección terá lugar o mércores día 14 ás 10:00 h. no Salón de Actos do Concello de Portomarín.

            Deberán presentar documentación acreditativa que probe a posesión dos méritos alegados, acompañaran copia do documento nacional de identidade.

            Co obxecto de asegurar a celeridade do procedemento no mesmo acto procederase á admisión dos aspirantes e a valoración dos méritos aportados polos mesmos con arranxo ós criterios establecidos no Anexo l das presentes bases.

 

 

 

 

 

 

4.- ÓRGANO DE SELECCIÓN

            O Tribunal calificador encargado da valoración dos méritos para a provisión por concurso dos postos a que se refiren as presentes bases, estará composto por :

Titulares:

  1. Presidente: Dna. Alicia de Iglesia López
  2. Vocais:Dna. Margarita Viña Santos. D. Jesús Rodríguez López, D.José Antonio Varela Vázquez,e D. Ángel Manuel Castro Vázquez.
  3. Secretario:D. José Luis Vázquez Méndez (con voz pero sen voto).

 

Suplentes:
Presidente: D.Carlos Santoalla Varela.
            Vocais: D.Serafín Rodríguez López, D. Eduardo Fernández Arias, D. José Antonio López Pérez e D. José Antonio Somoza Castro.
Secretario: D. Pablo Veiga López-Castelo.
Incorporaráse como asesor, en calidade de técnico a Técnico Local de Emprego Dna. María Belén Torres García. Todo elo sen perxuixo do que poida dispoñer ao respecto o propio órgano de selección, que velará  polo cumprimento dos principios de obxectividade na selección, mérito e capacidade.

O Tribunal non poderá constituirse nin actuar sen a asistencia de alomenos tres dos seus membros. Terá dereito o cobro das asistencias establecidas pola lexislación vixente. Os membros do Tribunal deberán absterse de intervir cando concurran algunha das causas presentes na vixente lexislación.

 Os membros do Tribunal valorarán os méritos debidamente xustificados polos solicitantes, conforme o establecido no anexo l das presentes bases, quedan facultados para resolver as dúbidas que se lle presente e tomalos acordos precisos para o desenvolvemento correcto do proceso de selección.

5.- PROBA ESCRITA-

 

O Tribunal reunirase ese mismo día inmediatamente antes da selección para decidir as 10 preguntas que conformarán a proba e a duración da mesma.

 

6.- SELECCIÓN E CONTRATACIÓN.-

            Os seleccionados polo Tribunal para a provisión dun posto de carácter temporal (conforme os criterios establecidos no Anexo da presente Convocatoria) serán os que obteñan maior puntuación. Polo órgano de selección levantaráse a correspondente acta e publicaráse edicto no taboleiro de anuncios do Concello, no que se ordearon os candidatos por orde da puntuación obtida. Elevarase proposta ao Sr. Alcalde-Presidente, que procederá a dictar resolución ao respecto e á formalización do contrato laboral, conforme ao previsto na vixente lexislación.

 

7.-  DISPOSICIÓN FINAL.-

            A presente convocatoria e cantos actos administrativos dela se deriven, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma prevista na vixente lexislación de procedemento administrativo e da xurisdicción contencioso-administrativo.

8.-  SALARIO.-

            O/a seleccionado/a cobrará un salario de : 982,53 €/ brutos mensuales.

            Portomarín, 30 de xuño de 2010.

            A Alcaldesa,

 

 

Silvia Rodríguez Díaz

 

 

 

 

 

 

ANEXO I
BAREMO DE MÉRITOS

 

 

Os méritos alegados e xustificados polos preseleccionados polo Servizo Público de Emprego para a provisión temporal dun traballador para a obra ou servizo de COORDINADOR DO VOLUNTARIADO E ATENCIÓN TURÍSTICA valoraránse  con arranxo as puntuacións que a continuación se relacionan:

 

1.- TITULACIÓN ACADÉMICA: 1 punto.

 

2.- EXPERIENCIA PROFESIONAL:  0.10 por mes traballado e relacionado cas funcións referentes ó posto de traballo . Ata un máximo de 3 puntos.

 

3.- PROBA ESCRITA: 10 preguntas sobre coñecementos relacionados co posto de traballo e sobre o Concello de Portomarín  máximo 5 puntos.

 

Portomarín ,30 de xuño de 2010.

 

A Alcaldesa,

 

 

Asdo.: Silvia Rodríguez Díaz

 

 

 

 

 

DESCARGAR EN PDF

 

BASES PARA A PROVISIÓN TEMPORAL DE DOUS TRABALLADORES PARA A PARTICIPACIÓN NA PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS MEDIANTE A ACTUACIÓN DUN VEHÍCULO MOTOBOMBA.

 

1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA

 

        Constitúe o obxecto da convocatoria a provisión de dous traballadores por un prazo de 3 meses para o posto de conductor de Motobomba. A convocatoria faise con carácter temporal, polo sistema de concurso para a provisión por persoal laboral temporal conforme á tramitación esixida pola Vixente lexislación.

        Formalizaráse co persoal seleccionado un contrato de obra ou servizo determinado, conforme ó previsto no Estatuto dos Traballadores.

        Serán funcións a desempeñar polos contratados, dacordo co previsto na vixente lexislación, aquelas que se lle encomenden pola Alcaldía ou Concelleiro delegado que garden relación co posto a desempeñar e co obxecto da convocatoria e recollidos no convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Portomarín para a participación na prevención de incendios forestais mediante actuación do vehículo motobomba.

 

2.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES:

        Para ser admitidos/as no proceso selectivo, os/as aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

  1. Ser español ou nacional dun estado membro da Comunidade Europea, nos termos sinalados na Lei 7/2007 de 12 de abril.

 

  1. Ter entre 18 e 60 anos de idade (recomendacións do Convenio de Colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Portomarín.

 

  1. Estar na posesión do Permiso de Condución Clase C. No caso de titulacións obtidas en paises extranxeiros acreditarase a correspondente a correspondente homologación polo Ministerio con competencias en materia de educación.

 

  1. Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal desempeño das funcións que lle son propias (según recomendacións do Convenio de Colaboración son excluyentes lesións de corazón, pulmón ou intestinales, trastornos psicológicos, incapacidades do aparato locomotor, enfermedades infecciosas e obesidade, en mulleres o enbarazo. A cegueira e sordeira son igualmente causas de exclusión).

 

  1. Non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade previstas na lexislación vixente.
  1. Non estar separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións públicas nin atoparse inhabilitado para o desenvolvemento das funcións públicas. No caso de ser seleccionado/a para o posto, acreditarase mediante declaración formal baixo xuramento ou promesa.

 

        Os requisitos anteriormente establecidos deberán poseerse polos/as aspirantes no momento da selección. A participación neste concurso leva consigo a aceptación das bases que o regulan.

 

3.- SOLICITUDES

       
        O prazo para presentación de solicitudes asi como  a documentación acreditativa que probe a posesión dos méritos alegados será  de 7 días naturais a contar dende o día seguinte da inserción do anuncio  da convocatoria no diario “ El Progreso”.

        A documentación a presentar será a seguinte:

a.- Solicitude de participación (anexo II) debidamente cumplimentada.
b.-Fotocopia compulsada DNI
c.-Fotocopia compulsada do carné de conducir
d.-Documentacion (fotocopia compulsada) que acredite os meritos para a sua valoración .

        Co obxecto de asegurar a celeridade do procedemento no mesmo acto procederase á admisión dos aspirantes e a valoración do méritos aportados polos mesmos con arranxo ós criterios establecidos no “Anexo I “das presentes bases.

 

4.- ÓRGANO DE SELECCIÓN

        O Tribunal calificador encargado da valoración dos méritos para a provisión por concurso dos postos a que se refiren as presentes bases, estará composto por:

  1. Presidente: Dna. Alicia de la Iglesia López.

 

  1. Vogais:  D.Jesús Rodríguez Vázquez

              D.José Antonio Varela Vázquez
              D. Ángel Manuel Castro Vázquez
              Dna. Margarita  Viña Santos
.

  1. Secretario: D. José Luis Vázquez Méndez.

 

Suplentes:

  1. Presidente: D.Eduardo Fernández Arias.

 

  1. Vogais:   D. Serafín Rodríguez López,

                D. José Antonio López Pérez
                D.Carlos Santoalla Varela.
                D. José Antonio Somoza Castro

  1. Secretario: D. Pablo Veiga López-Castelo.

 

        Incorporaráse como asesor, en calidade de técnico á Técnico Local de Emprego Dna. María Belén Torres García. Todo elo sen perxuizo do que poida dispoñer ao respecto ó propio órgano de selección, que velará polo cumplimento dos principios de obxectividade na selección, mérito e capacidade.

        O Tribunal non poderá constituirse nin actuar sen a asistencia de alomenos tres dos seus membros. Terá dereito ó cobro das asistencia establecidas pola lexislación vixente. Os membros do Tribunal deberán absterse de intervir cando concurran algunha das causas presentes na vixente lexislación. Os membros do Tribunal valorarán os méritos debidamente xustificados polos solicitantes, conforme ó establecido no anexo I das presentes bases, quedan facultados para resolver as dúbidas que se lle presente e tomalos acordos precisos para o desenvolvemento correcto do proceso de selección.

 

 

 

5.- SELECCIÓN E NOMEAMENTO.-

Os seleccionados polo Tribunal  para a provisión dos postos de carácter temporal (conforme os criterios establecidos no Anexo da presente Convocatoria) serán os que obteñan maior puntuación. Polo órgano de selección levantarase acta e publicarase edicto no taboleiro de anuncios do Concello, no que se acordaron os candidatos por orde da puntuación obtida. Elevaráse proposta á Sra. Alcaldesa – Presidenta, que procederá a dictar resolución ó respecto e á formalización do contrato laboral conforme ó previsto na lexislación vixente.

 

6.- DISPOSICIÓN FINAL.-

        A presente convocatoria e cantos actos administrativos dela se deriven, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma prevista na vixente lexislación de procedemento administrativo e da xurisdición contencioso – administrativo.

 

Portomarín, 21 de xuño de 2010.

 

A Alcaldesa,

 

 

 

 

Asdo: Dna. Silvia Rodríguez Díaz.

 

 

 

 

 

 

ANEXO I

BAREMO DE MÉRITOS

        Os méritos alegados e xustificados polos solicitantes en orde á contratación de traballadores para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación dun vehículo motobomba, valoraranse con arranxo ás puntuacións que a continuación se relacionan.

1.- TITULACIÓN: Certificado de Escolaridade e Permiso de Conducir Clase C é obligatorio.

2.- IDADE: entre 18 e 60 anos.

3.- Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal desempeño das funcións que lle son propias (son excluintes lesións de corazón, pulmón ou intestinais, trastornos psicológicos, incapacidade do aparato locomotor, enfermedades intestinais, trastornos psicolóxicos, incapacidades do aparato locomotor, enfermedades infecciosas e obesidade. En mulleres o embarazo. A cegueira e sordeira son igualmente causas de exclusión).

4.- EXPERIENCIA:

a) Por experiencia profesional na administración , como conductor da carroceta de incendios: 0,5 puntos por temporada de traballado. Máximo 2 puntos.

b) Por experiencia profesional na administración en extinción de incendios: 0,5 puntos por temporada, máximo 1 punto.

c) Por experiencia profesional na empresa privada como conductor (Clase C): 0,10 por mes traballado, máximo 1 punto.

5.- ENTREVISTA PERSOAL: versará sobre méritos específicos adecuados ás características do posto e dos requisitos e condicións e medios necesarios para o seu desempeño, dacordo co previsto na convocatoria. Na entrevista persoal valoraráse a dispoñibilidade, e coñecemento específico do posto de traballo, responsabilidade que comporta o seu desempeño, a súa capacidade de diálogo e de traballo en equipo, así como motivación, coñecemento do terreo no que vai a desenrolar o seu traballo, etc…. Máximo 3 puntos.

Portomarín, 21 de xuño de 2010.
A Alcaldesa,

 

 

Asdo: Dna. Silvia Rodríguez Díaz.

 

ANEXO II
MODELO DE SOLICITUDE
I.- DATOS REFERENTES Ó POSTO DE TRABALLO
CONDUCTORES DO VEHÍCULO MOTOBOMBA PARA A CAMPAÑA DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS PARA O ANO 2010.
II.- DATOS PERSOAIS


 Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

Data de nacemento

D.N.I

Nacionalidade

Domicilio 

Municipio

C.P. Provincia

Teléfono

SOLICITA
Ser admitido no proceso de selección convocado para a contratación laboral temporal (tres meses) para o posto de Conductor de Motobomba.
A estos efectos aporto a seguinte documentación conforme á requerida na convocatoria. (marcar cunha cruz):
      Fotocopia compulsada Certificado Escolaridade
      Fotocopia compulsada do DNI
       Fotocopia compulsada do Carnet de Conducir.
       Documentación (fotocopia compulsada) acreditativa dos méritos alegados:
       Copias compulsadas da documentación acreditativa da experiencia profesional.
Declaro que son certos todos os datos consignados nesta solicitude, e que coñezo e reuno as condicións e requisitos esixidos nas correspondentes bases ..
 En  Portomarin a        de                 de                            de 2010.
O Solicitante

Asdo:

 

 




logos