
O Camiño descende á marxe do Miño, cruzando unha ponte que conduce á vila de Portomarín. O antigo Portomarín, sepultado polas augas do encoro de Belesar, estaba formado por dous Burgos medievais, San Pedro e San Nicolás, e contaba cunha das pontes romano-medievais máis célebres da ruta xacobea. A vella ponte, sempre vencellada ó Hospital de Peregrinos e a Encomenda de San Xoán era lugar de referencia para cruza-lo río Miño. Durante a primeira metade do século pasado estivo inutilizada, tendo que atravesa-lo río en barcazas, tanto persoas coma animais e carros. A ponte que hoxe da acceso á vila de Portomarín foi construída ó tempo de fazerse as obras do encoro.
O Camiño de Santiago percorre no municipio de Portomarín uns 13 quilómetros, dende Monteagra a Ventas de Narón. A chegada a Portomarín é en descenso dende Barbadelo. En Vilachá, ainda no concello de Paradela xa se albiscan ó lonxe as terras de Portomarín. Nas cercanías atópanse ruinas dun antigo mosteiro, Ribaloio, donde disque pudo ter orixe a Orde de Santiago.
Abandónase Portomarín pola pasarela que atravesa o brazo do encoro do regato de Torres, para ascender o monte de San Antonio, no que puido existir un hospital dos antonianos, se ben non se conserva resto algún. Zona de grande riqueza natural e paixaxística, con pradarías e viñedos.
Na altura da fábrica de cerámica crúzase a estrada para iniacia-lo descenso cara a Toixibó e Gonzar. Atravesamos a aldea de Gonzar,que conta con albergue de peregrinos continuando o Camiño cara a Castromaior, que debe o seu nome ó castro prerromano existente neste lugar, e que conta tamén cunha pequena igrexa románica na honra de Santa María, do século XII. Dende Castromaior pódese disfrutar dunha bela vista panorámica de Portomarín.
En Hospital da Cruz, como indica o seu nome existiu un hospital de peregrinos no medievo, que contaba cunha capela, a Capela de San Esteban, infelizmente hoxe non se conservan restos destas construccións. Tras cruza-la N-540 chegamos a Ventas de Narón, cunha capela adicada á Madalena, lugar onde se abandona o municipio de Portomarín.