transparencia

 

facebook

facebook
Localización
ubicacion

 

 

 

 

 

 

 

2017

 

2016

 

plan xeral

 

castro en lugo

Monumentos

monumento

IGREXA DE SAN PEDRO

A Igrexa de San Pedro data do século X, ainda que consagrada no 1182 polo bispo de Lugo Rodrigo II, segundo a inscripción que figura na portada do templo.

Igrexa de orixe románica, declarada Monumento Histórico Artístico, foi trasladada pedra a pedra dende o antigo Portomarín cando as augas do encoro de Belesar alagaron a vila.

Construída en sillaría de granito, conserva do estilo románico a súa portada , formada por arcos de medio punto con arquivoltas cubertas de motivos xeométricos. O tímpano sostido por batentes con forma de cabeza de touro ornaméntase con dous semicírculos estrelados.

No interior contén un sepulcro de pedra do Marqués de Bóveda, e destaca a fermosura do retablo do século XVI.

logos