sede

 

transparencia

 

facebook

facebook
Localización
ubicacion

 

facebook

 

facebook

 

 

 

Gastronomía

imagen

Os produtos máis típicos que podemos adquirir en Portomarín son a augardente e a tarta de Ancano, elaborada con améndoa. Tamén son célebres os seus viños, empanadas e pratos á base de anguías.

TARTA DE PORTOMARÍN


Deliciosa tarta con masa de améndoa, fariña, ovos e azucre sobre masa de follado.O interior suave e esponxoso. Semellante á Tarta de Santiago. Recoñecida a nivel internacional. Fanse máis de 3000 tartas diarias. Teñen mercados abertos en Santiago de Compostela, Madrid e Barcelona. Débenlle a súa exquisitez ós ingredientes naturais e a coidada elaboración artesanal, que fai que este doce sexa cada vez máis valorado.

AUGARDENTE DE PORTOMARÍN


Licor elaborado a partir da destilación do bagullo ou bullo obtido da uva despois de fermentar. Antigamente era considerada a bebida dos pobres e hoxe é valorado por todo o mundo.
En Portomarín foi creada a Serenísima Orde da Alquitara, que xa conta con máis de 200 cabaleiros, investidos no Domingo de Pascua co gallo da Festa da Augardente, para promocionar este afamado licor. O augardente é o principal ingrediente da máis representativa bebida galega: a queimada.

ANGUÍAS


Son famosas as empanadas de anguías. A empanada é un produto típico galego. Ainda que hai quen usa a masa follada para facela, a verdadeira é a mesma que a do pan. En Portomarín utilízase de novo a técnica dos caneiros para a pesca deste peixe. Técnica típica da pesca controlada de anguía consistente nunha especie de gaiolas onde se meten os peixes para protexerse das correntes. Esta técnica estivo en desuso dende a construcción do encoro, volvendo ó funcionamento coa autorización da Xunta, co compromiso dos propietarios dos aparellos de entregar unha parte dos exemplares ós servizos de medioambente destinados á repoboación.

Restaurantes

NomeDirecciónTeléfono
RESTAURANTE ARENAS PRAZA CONDE DE FENOSA,5 982 54 53 86
CASA FERREIRO RUA DO PROGRESO,23 982 54 50 17
CASA PÉREZ PRAZA AVIACIÓN ESPAÑOLA 982 54 50 40
RESTAURANTE EL LABRADOR RUA HOSPITAL, 2 982 54 53 03
MESÓN DE RODRÍGUEZ RÚA FRAGA IRIBARNE, 6 982 54 50 54
RESTAURANTE PORTOMIÑO AVDA. SÁNCHEZ CARRO, 23 982 54 75 75
RESTAURANTE POSADA DEL CAMINO RÚA DE LUGO, 1 982 54 50 81
POUSADA DE PORTOMARÍN AVDA. DE SARRIA, S/N 982 54 52 00
CASA SILVA A SILVA, 2 982 54 52 51
RESTAURANTE RÍO LOIO SAN JUAN DE LOIO, S/N 982 54 50 51
RESTAURANTE O` MESÓN DO LOYO SAN JUAN DE LOIO, S/N 982 54 50 12

logos
breitling replica omega replica replicas rolex breitling replica omega replica aaa replica watches