sede

 

transparencia

 

facebook

facebook
Localización
ubicacion

 

facebook

 

facebook

 

 

 

Actualidade

imagen

A vila de Portomarín situada na provincia de Lugo, nas marxes do río Miño, conserva as carcterísticas da tradicional vila galega, con soportales, rúas empedradas, e casas de baixa altura, o que a fai dona dun encanto especial. Atópase a 25 kms. ó sur da capital lucense. Limita cos concellos de Guntín, Páramo, Paradela, Taboada e Monterroso.

Famosa pola beleza paixaxística, o esmero co que se manteñen os moitos espazos naturais existentes no concello, Parques como o de Manuel de Blas, Antonio Sanz, ou Agustín del Río, fan que Portomarín sexa coñecida como Vila Xardín. Hoxe en día é a población galega que ten máis extensión de zonas verdes no seu casco urbano.

A súa privilexiada situación proporciónalle un clima suave e unha variada vegetación.
Na parte máis occidental atopanse os relevos que separan Portomarín da Ulloa, entre os que cabe destaca-lo Monte Narón, a 800 metros de altitude, e Pena da Lebre, cunha altitude de 747 metros sobre o nivel do mar. No centro do municipio situanse o Monte Castrillón, de 751 metros, e o Monte Gándaras de Cebres, 467 metros.
Climatolóxicamente dase un clima oceánico-continental cunha temperatura media de 12º. As precipitacións son suaves e regularmente distribuidas ó longo do ano, agás nos meses de Xullo e Agosto que presentan unha certa aridez estival.
Regan as súas terras numerosos regatos e ríos, destacando os ríos Ferreira e Miño principalmente.

Portomarín conta cunha superficie de 115 quilómetros cadrados, divididos en vinte parroquias. A poboación, un total de 1918 habitantes, concentrase principalmente nas parroquias de San Pedro e San Nicolás de Portomarín, que conforman o centro urbano do concello.

A distribución da poboación por sectores de actividade móstranos como un 34,24% ocupanse no sector agrícola, un 11,57% na rama industrial e un 43,83% empleanse no sector servizos.

A gandaría é o principal sustento económico do municipio, sendo o gando vacún predominante por riba da cabana porcina e ovina, destinado fundamentalmente á producción cárnica e láctea.
As terras de cultivo, representan o 12% da superficie total, adicanse a productos coma o maíz, trigo, centeno, ou patacas, destacando tamén o cultivo da vide. Non hai que esquecer que Portomarín atópase na Ribeira Sacra lucense, terra de afamados viños.

O sector pesqueiro, outrora de reseñable importancia na economía do municipio, é hoxe máis ben unha actividade deportiva, contando o concello con instalacións adicadas as actividades naúticas; vela e piraguismo.
Portomarín ofrece a posibilidade de fazer un percorrido en catamarán polas augas do encoro de Belesar, dentro das rutas turísticas da Ribieira Sacra.
As principais vías de comuncicación son a N-540 (Ourense-Lugo), a N-640 (Lalín-Lugo) e a C-535 (Lugo-Portomarín-Sarria).Distancia coas principais cidades por estrada:-A Coruña: 112 km.-Ferrol: 122 km.-Lugo: 25 km.-Ourense: 67 km.-Pontevedra: 122 km.-Santiago de Compostela: 94 km.-Vigo: 145 km.

actual1 actual2 actual3 actual4
actual5

logos
breitling replica omega replica replicas rolex breitling replica omega replica aaa replica watches