transparencia

 

facebook

facebook
Localización
ubicacion

 

 

 

 

 

PLAN XERAL DE ORDENACION MUNICIPAL

ANUNCIO de información pública sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Portomarin.

 

Aprobado incialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal, por acordo do pleno do 17 de marzo de 2016, de conformidade cos artigos 85.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e 7 da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

 

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

 

Así mesmo, acordouse suspender o outorgamento de licenzas en aqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento coas novas determinacións que supoñan a modificación de ordenación urbanística vixente. Non obstante, poderán concederse licenzas baseadas no réxime vixente, sempre que respecten as determinacións do novo planeamento de conformidade co previsto no artigo 120 do Regulamento de Planeamento. A duración máxima da suspensión é de dous anos e en calquera caso extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento.

 

Non obstante, a suspensión de licenzas non afectará ás comuniciacións previas de obra menor relativas a mera conservación e as necesarias para o mantemento do uso prexistente, que no seu caso se outorgarán sen dereito a indemnización e sen prexuízo da obtención doutras autorizacións.

 

O equipo redactor estará na Casa Consistorial os Luns e Martes de 12 a 15 horas a disposición dos interesados/as, durante o prazo de exposición pública (Meses de Maio e Xuño).

 

 

En PORTOMARIN, a 25 de abril de 2.016.

 

 

O Alcalde,

 

Juan Carlos Serrano López

 

 

ENTRA AQUI PARA VER TODA A DOCUMENTACION DO PLAN XERAL DE ORDENACION

 

 

FORMULARIO DE ALEGACIÓNS AO PLAN XERAL

 

Publicado en Portomarín o 09/05/2016

 


logos