Servizos
plus less Servizos ó Cidadán
Localización
ubicacion

 

 

 

 

line

Saúdo da alcaldesa



Como Alcaldesa do Concello de Portomarín quero dárlle-la benvida á nosa páxina.
Con este sitio web achegámonos ás novas tecnoloxías , coa intención de prestar un servizo de información ós cidadáns, e dar a coñecer diversos aspectos da nosa cultura, historia , tradicións, en definitiva, amosa-la nosa identidade a través das novas formas de comunicación.

O meu desexo é que este percorrido virtual sexa útil non só para promocionar e difundir o noso concello senon tamén como un importante instrumento de información, achegando a administracion o cidadán , agardando que os veciños de Portomarín atopen unha eficaz ferramenta na súa relación co Concello, e unha axeitada canle de participación e acceso aos servizos municipais.

Pero esta páxina tamén pretende ser un espazo de información para os nosos visitantes, un convite para achegarse á nosa vila.

No nome do Concello , quero animalos a visitarnos, exprexándolles os mellores desexos para que a súa estancia entre nós lles resulte agradable e descubra o agarimo e a hospitalidade que sempre soupemos dar a cantos nos visitaron.

Por último quero agradecer a súa visita virtual desexando que sexa de utilidade a información contida neste espazo.

 

Dª. Silvia Rodríguez

Alcaldesa de Portomarín

alcaldia@concellodeportomarin.es


logos