Servizos
plus less Servizos ó Cidadán
Localización
ubicacion

 

 

 

 

line

Axenda

imaxe axenda

XL Festa da Augardente

foto

A tradicional festa da augardente de Portomarín, a mellor do mundo, celebrase cada ano no domingo de Pascua. O Día da Augardente comeza co acendido das alquitaras na praza maior, seguido da procesión do encontro e misa maior. Xa na tarde a festa continua con diversos actos culturais e folclóricos, así como o nomeamento dos cabaleiros da orde da alquitara. Neste día pódese aprecia-la elaboración artesanal da augardente, así como degustar este valioso produto. O fin de festa conta cada ano cunha verbena e queimada popular.

PROGRAMA DOMINGO DE PASCUA
4 de abril de 2010

POLA MAÑÁ
10:00 h.
Prendido das alquitaras na Praza Maior que destilarán augardente durante todo o día
11:30 h.
Actuación GRUPO TRADICIONAL DE BAILE AYUNTAMIENTO CORVERA (Asturias)
12:00 h.
Recepción no Concello dos convidados e novos Cabaleiros e Damas da Orde Serenísima da Alquitara
12:30 h.
Solemne Procesión do Encontro e Misa Maior
13:30 h.
 Concerto da Banda Municipal de Taboada
POLA TARDE
17:30 h.
Cabido Xeral da Orde Serenísima da Alquitara, na Casa da Cultura ca imposición das Bandas ós novos Cabaleiros e Damas
18:00 h.
Pregón a cargo de: D Benigno Campos Melón Cociñeiro Maior do Programa da TVG “Larpeiros”
Actuación do GRUPO TRADICIONAL DE BAILE AYUNTAMIENTO DE CORVERA e do GRUPO CULTURAL RÍO MIÑO de Portomarín
18:30 h.
Cata da Augardente e fallo do Xurado, composto polos novos membros da Orde Serenísima da Alquitara, baixo a solaina da Casa do Concello. Entrega de premios ós artistas artesáns augardenteiros gañadores
ENTRE LUSCO E FUSCO
Actuacións Folclóricas asturianas e galegas e degustación de “Queimada”
NOITE
Verbena amenizada pola Orquestra “ACORDES” de Lugo

logos