Servizos
plus less Servizos ó Cidadán
Localización
ubicacion

 

 

 

 

line

Axenda

imagen

Categorías

Eventos

04-04-2010 - 04-04-2010
XL Festa da Augardente

A tradicional festa da augardente de Portomarín, a mellor do mundo, celebrase cada ano no domingo de Pascua. O Día da Augardente comeza co acendido das alquitaras na praza maior, seguido da procesión do encontro e misa maior. Xa na tarde a festa continua con diversos actos culturais e folclóricos, así como o nomeamento dos cabaleiros da orde da alquitara. Neste día pódese aprecia-la elaboración artesanal da augardente, así como degustar este valioso produto. O fin de festa conta cada ano cunha verbena e queimada popular.

PROGRAMA DOMINGO DE PASCUA
4 de abril de 2010

POLA MAÑÁ
10:00 h.
Prendido das alquitaras na Praza Maior que destilarán augardente durante todo o día
11:30 h.
Actuación GRUPO TRADICIONAL DE BAILE AYUNTAMIENTO CORVERA (Asturias)
12:00 h.
Recepción no Concello dos convidados e novos Cabaleiros e Damas da Orde Serenísima da Alquitara
12:30 h.
Solemne Procesión do Encontro e Misa Maior
13:30 h.
 Concerto da Banda Municipal de Taboada
POLA TARDE
17:30 h.
Cabido Xeral da Orde Serenísima da Alquitara, na Casa da Cultura ca imposición das Bandas ós novos Cabaleiros e Damas
18:00 h.
Pregón a cargo de: D Benigno Campos Melón Cociñeiro Maior do Programa da TVG “Larpeiros”
Actuación do GRUPO TRADICIONAL DE BAILE AYUNTAMIENTO DE CORVERA e do GRUPO CULTURAL RÍO MIÑO de Portomarín
18:30 h.
Cata da Augardente e fallo do Xurado, composto polos novos membros da Orde Serenísima da Alquitara, baixo a solaina da Casa do Concello. Entrega de premios ós artistas artesáns augardenteiros gañadores
ENTRE LUSCO E FUSCO
Actuacións Folclóricas asturianas e galegas e degustación de “Queimada”
NOITE
Verbena amenizada pola Orquestra “ACORDES” de Lugo







30-12-2009 - 30-12-2009
Campaña de solidariedade

O concello de Portomarín organiza unha recollida de roupa, xoguetes e alimentos non perecederos (como latas, envases o vacio,...) axudando a entidades sen ánimo de lucro.

  • A recollida farase efectiva entre os dias 30 de Novembro e 30 de Decembro  
  • Na casa da Cultura
  • Horario de 09h a 19h de luns a xoves e os venres de 9h a 14h
  • Para mais información chamar a 982545206







18-12-2009 - 18-12-2009
Clases de aerobic

Todolos mércores de 21:15 h a 22:30h no pabellón do colexio clases de aeróbic.

Actividade gratuita.

Organizada polo Concello de Portomarín.








30-11-2009 - 06-01-2010
Actividades de nadal

ACTIVIDADES:

  • CAMPAÑA PORTOMARIN SOLIDARIO.
  • CERTAME DE POESÍA INFANTIL.
  • CONCURSO DE FOTOGRAFÍA
  • CAMPAÑA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ, DECORANDO ILUSIÓNS “O NADAL SOMOS TODOS”
  • CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL.
  • ACTIVIDADES DE NADAL. ACTIVIDADES DEPORTIVAS( 10:30 A 11:45) E OBRADOIROS DE NADAL (12:15 A 13:30) NO COLEXIO SEN INSCRIPCIÓN PREVIA.
  • EXCURSIÓN A XUVENLUGO.
  • CABALGATA DE REIS, ENTREGA DE PREMIOS E AGASALLOS E CHOCOLATADA!!!







01-01-1970 - 01-01-1970
Festa do Ramallo
As festas de Santa Isabel, coñecidas como festas do Ramallo, celébranse no primeiro domingo de Xullo. Co ramallo cúbrense rúas e fachadas coas ramas dando un aroma especial á vila. Dentro dos actos festivos destaca a procesión polas rúas do concello engalanadas cos típicos ramallos.






29-01-2010 - 29-01-2010
Conferencia dentro do Programa

" PROBLEMAS E RISCOS DE INTERNET PARA A POBOACIÓN XUVENIL"

 

PONENTE: D. Manuel Saavedra Saavedra ( Capitan da Comandancia Lugo, Coordinador da Garda Civil para o II Plan Director e Diplomado en Policia XUdicial )

 

Dia :  29 de Xaneiro 2010

Hora: 21:00h

Lugar: Casa da Cultura.








01-01-1970 - 01-01-1970
Domingos Folclóricos 08
Véñense celebrando tódolos anos durante o mes de Agosto os Domingos Folklóricos con actuacións de música e baile tradicionais.






01-01-1970 - 01-01-1970
Feira do Nove
Portomarín celebra con periodicidade mensual a feira de carácter agropecuario, os días 9 de cada mes. Reúne a un gran número de compradores e vendedores, abastecendo a todo o municipio, e recibindo visitantes de toda a comarca. A feira ten lugar na Praza dos Condes de Fenosa en horario de 8:00 a 14:00.







logos